O rei do xadrez español

Iván Salgado continúa a súa escalada cara aos ceos xadrecísticos. Con só 22 anos, este ourensán vén de proclamarse campión de España en Linares, a meca deste deporte no país. E fíxoo ao grande, derrotando na penúltima rolda ao lendario Miguel Illescas, oito veces gañador do nacional e a quen só puidera forzarlle dúas veces as táboas nos seus tres enfrontamentos anteriores. O barcelonés, de 46 anos, foi subcampión, a medio punto dos 7,5 que sumou o xadrecista galego. Salgado confirma así a súa meteórica carreira. De feito, o xadrecista, que desde outubro defende as cores do Sestao Naturgás obtivo o título de Gran Mestre aos 17 anos e conta nas súas vitrinas con catro campionatos en categorías inferiores, un título iberoamericano e varios trofeos co Marcote, o seu anterior club, e as seleccións galega e española.

En Linares non puido “pegar ollo” pola “excitación” tras derrotar a Illescas durante a noite anterior ao seu duelo decisivo contra a outra grande promesa do xadrez,o madrileño de 18 anos David Antón. A Salgado chegáballe con facer táboas e pronto se puxo en situación de defendelas tras iniciar a partida con brancas. “Amiña única dúbida era se loitar na posición final, porque estaba un pouco mellor, pero decidín que era unha ocasión excepcional, suficiente para xustificar por primera vez a falta de combatividade”, explicou ao remate

Fonte da noticia e artigo enteiro en : Galiciaé
Foto: Wikipedia